+2,6% en xuño

O Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica continúa a senda alcista

O Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica de Galicia rexistrou no mes de xuño un incremento interanual do +2,6%, isto é, un unha décima máis con respecto ao dato do mes de maio.
O Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica continúa a senda alcista
 La robótica industrial, la clave en la productividad
O Índice de produción industrial (IPRI) amosa un incremento superior ao 20%.

Con este incremento, o Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica de Galicia, que elabora o Foro Económico de Galicia, continúa a senda alcista comezada en decembro de 2022.  Con respecto ao ano pasado, este valor supón unha décima máis respecto ao mes de xuño.

Coa información oficial xa dispoñible da primeira metade ano, cos datos dunha evolución interanual do PIB no segundo trimestre do ano de +1,5% para Galicia e +1,8% para España, obsérvase un comportamento semellante ao da economía española.  Esta evolución mellora claramente as perspectivas sobre a evolución económica coas que se comezou o ano.  Porén, o claro empeoramento das exportacións, anticipa unha minoración significativa do crecemento no segundo semestre do ano, sinala a nota remitida polo Foro Económico.

No que atinxe á evolución individual das variables recollidas no Indicador cómpre destacar o comportamento do Índice de produción industrial (IPRI), cun incremento superior ao 20%, que racha a tendencia moi desfavorable dende comezos de ano. En sentido contrario, as variables referentes ao comercio exterior (tanto exportacións, como sobre todo importacións) sofren importantes descensos en termos interanuais no mes de xuño.

O Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica continúa a senda alcista