Sitúase en niveis do ano 2012
Galicia reduciu a súa débeda ata o 16,7% do PIB no segundo trimestre
Segundo o Protocolo de Déficit Excesivo (PDE) correspondentes ao segundo trimestre do ano, e publicado este venres polo Banco de España, Galicia reduciu a súa ratio débeda/PIB ata o 16,7% neste período.
Deste xeito, a débeda por habitante sitúase na comunidade galega nos 4.565 euros fronte aos 6.795 euros da media de comunidades, co que cada galego debe hoxe 2.230 euros menos que a media autonómica.
Os datos do segundo trimestre mostraron ademáis que a ratio débeda/PIB de Galicia é sete décimas inferior á rexistrada no trimestre anterior, o que a sitúa como cuarta comunidade autónoma de réxime común con menor ratio de débeda/PIB.
Por outra banda, á ratio débeda/PIB da media de comunidades sitúase no 23,2%, o que supón unha diferencia de 6,5 puntos.
O Banco de España ratificou ademais que Galicia é a comunidade autónoma con menor aumento de volume de débeda desde o ano 2008, exercicio no que comezou a tendencia ascendente na evolución do endebedamento no conxunto das administracións públicas de España, incluídas as comunidades autónomas.