Aumentar os servizos ás entidades socias é outro dos obxectivos
Fomentar o cooperativismo, na folla de ruta de EspazoCoop ata 2025
O camiño a percorrer nos próximos anos para EspazoCoop xira ao redor do modelo económico cooperativo que representa a empresas con valores e principios basados nunha escala máis humana e democrática, que se presentan "como unha solución para crear emprego e como instrumentos máis capaces de resistir as crises, ademais de ser unha opción para transformar empresas antes do seu peche e salvar empregos cooperativizando o traballo", sinalan desde a Unión de Cooperativas Galegas, entidade que agrupa a máis de 210 cooperativas en Galicia. O trazado seguirá impulsando "un modelo económico ao servizo das persoas".
A asemblea de EspazoCoop contou co apoio do alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, que menciounou “a oportunidade que representan as crises, porque aceleran os cambios e traen escenarios nos que toma protagonismo a iniciativa das persoas, sendo as cooperativas un sistema eficaz para resolver problemas”. Pola súa parte, a directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, expresou que teñen “o convencemento que o modelo cooperativo é imprescindible para Galicia”
Pero ademais, a cita estivo acompañada por un dos representantes do movemento cooperativo a nivel estatal, Luis Miguel Jurado, presidente da Confederación estatal de Cooperativas de Traballo Asociado -Coceta- que manifestou o seu respaldo “ao papel que teñen as organizacións territoriais (como EspazoCoop) de utilidade, de acompañamento, de respaldo. Luis Miguel Jurado, como cooperativista destacou a asemblea de socias como un dos momentos máis importantes nas dinámicas do cooperativismo.
Obxectivos de EspazoCoop
O Plan Estratéxico de EspazoCoop ata 2025 está conformado arredor de tres obxetivos xerais: visibilizar o cooperativismo, e incrementar a súa incidencia política; construir unha Unión de Cooperativas sostíbel e eficiente; e consolidar actuacións de fomento do cooperativismo e afortalar os servizos para as cooperativas socias.
O planing establecido formula propostas de acción para acadar os retos e establece unha serie de indicadores que avaliarán o grao de cumprimento da extratexia marcada. A elaboración do mapa estratéxico foi definido ao longo deste ano 2021, despois dun proceso de traballo de análise e participación, no que estiveron implicadas tanto as cooperativas como outros axentes de EspazoCoop e do sector cooperativo.
Na asemblea, ademais de tratar o Plan Estratéxico, creouse un foro coas cooperativistas asistentes que fixo posible recoller unha serie de propostas e necesidades da base social de cara a preparar o Plan operativo anual de 2022.