Cada municipio pode modificar ata dúas datas
Estes son os dez domingos e festivos de 2021 nos que poderán abrir as grandes superficies
Logo da consulta previa ás principais organizacións do sector, ao Consello Galego de Consumidores e Usuarios e ao Consello Galego de Cámaras, os días de apertura en 2021, que tal e como marca a normativa son dez cada ano, repártense do seguinte xeito: os dous primeiros domingos do ano (3 e 10 de xaneiro); o Xoves Santo (1 de abril); o domingo 31 de outubro, véspera do día de Todos os Santos; os domingos 28 de novembro e 5 de decembro; o 8 de decembro, día da Inmaculada Concepción; e os domingos 12, 19 e 26 de decembro.
Calquera concello que o estime oportuno poderá solicitar ata o próximo 15 de novembro a modificación de ata dúas datas para o seu termo municipal para adaptalo aos festivos locais ou atendendo a calquera outra circunstancia motivada.
Cómpre sinalar que estes domingos e festivos non son de aplicación para o pequeno comercio, xa que, con carácter xeral, poden decidir libremente o seu horario e días de apertura os establecementos de ata 300 metros cadrados, coa excepción dos que non teñan a consideración de pequena e mediana empresa.