Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica
O crecemento da actividade económica consolídase no mes de maio
O Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica de Galicia rexistrou no mes de maio un incremento interanual do 2,5%, dúas décimas máis con respecto ao mes de abril.
Con este incremento, o indicador consolida a senda alcista iniciada en xaneiro de 2023 e acada o mesmo valor que en xuño do ano pasado. Sen embargo, a porcentaxe está aínda lonxe dos valores máximos de 2022, ccorrespondente a unha cota máxima de 3,2% no mes de agosto.
O crecemento do indicador evidencia un comportamento da actividade económica galega que supera as expectativas iniciais pese ás incertezas que marcan o contexto económico xeral no que os mercados financeiros amosan problemas globais e, especialmente, a confianza dos consumidores segue resentida e sen despegar.
Entre algunhas das variables recollidas no indicador que elabora o Foro Económico de Galicia destaca o comportamento do transporte de pasaxeiros, cun incremento próximo ao 20%, que anticipa perspectivas favorables para o sector turístico galego. Asemesmo, é salientable tamén o comportamento do Índice de produción industrial cunha variación interanual próxima ao 10%. Pola contra, o transporte marítimo de mercancias cargadas e descargadas sofre un descenso próximo ao 20% en termos interanuais no mes de maio.