En setembro
O Clúster TIC Galicia avanza a apertura do Centro de Servizos Avanzados da Cidade das TIC
Durante a celebración da súa asemblea xeral, o Clúster TIC Galicia confirmou a próxima apertura do Centro de Servizos Avanzados da Cidade das TIC na Coruña e presentou o seu plan formativo.
O Centro de Servizos Avanzados (CSA) da Cidade das TIC ten prevista a súa apertura o vindeiro mes de setembro e convertiráse así nun polo tecnolóxico de referencia.
Durante a asamblea do Clúster TIC Galicia, tamén se presentaron os datos relativos ao plan formativo que se desenvolve en colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta. Este plan pretende mellorar as competencias e habilidades dixitais de traballadores, autónomos e desempregados. Iniciado en 2022, con preto de 250 cursos e un orzamento de 1,6 millóns de euros, continúa neste 2023 con máis de 200 formacións programadas e un orzamento próximo aos 2 millóns de euros.
Novos servizos
O Clúster TIC Galicia avanzou tamén a prestación dos seus novos servizos para os asociados. Entre eles destacan unha área de emprego para axudar ás empresas a atopar talento cualificado e a creación dunha xanela en liña permanente conectada co Mapa de Capacidades Tecnolóxicas de Galicia, para que calquera entidade interesada poida identificar e solicitar posibles provedores tecnolóxicos a través da consulta dos seus produtos, servizos e capacidades.
Durante a asemblea, tamén se presentou o informe económico de xestión do 2022, o orzamento e a proposta de actividades para este ano e os programas Tech Angel e Startups TIC para o fomento do investimento tecnolóxico, realizados en colaboración co Amtega e o Igape.
Ademais, salientouse o impulso da transformación dixital de empresas galegas e o desenvolvemento dun Plan Industrial para as TIC que permita incrementar o emprego no sector tecnolóxico galego en 8.000 profesionais engadidos netos.
O Clúster TIC Galicia está constituído por 133 socios entre grandes empresas, pemes, emprendedores, centros tecnolóxicos e colexios e asociacións profesionais. Isto supón cerca de 15.000 traballadores e unha facturación conxunta de máis dun billón de euros.