Actividades formativas, informativas, e estudos
APE Galicia e o Consello Galego de Economistas impulsaran actividades para os autónomos
O acordo subscrito polo presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas Martínez, e o presidente do Consello Galego de Economistas, Miguel Ángel Vázquez Taín, establece unha liña de traballo cuxo fin último é contribuír ao desenvolvemento económico e social en Galicia.
Entre as actuacións previstas inclúense actividades formativas e xornadas informativas co obxectivo de promover a cultura emprendedora a través do autoemprego, ademais de incluír actuacións que fomenten a inserción laboral dos colectivos máis desfavorecidos. Este acordo permitirá tamén a colaboración entre ambas entidades para a realización de estudos sobre o colectivo autónomo.
Coa firma deste convenio de colaboración preténdese cumprir cun dos obxectivos estratéxicos de APE Galicia.