Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica de Galicia

A actividade económica galega crece con fortaleza en febreiro

O Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica de Galicia rexistrou no mes de febreiro un incremento interanual do +3,0%, de xeito que encadea seis meses consecutivos na contorna deste valor e confirma a resiliencia do crecemento económico na Comunidade.
A actividade económica galega crece con fortaleza en febreiro
20200924_hotel
O indicador destaca a evolución salientable do turismo.

Como xa acontecera co indicador de xaneiro, 2024 comeza con previsións máis optimistas ás do ano pasado, dando mostra dun comportamento da actividade económica mellor das expectativas coas que se rematou 2023.

O estudo que elaboran os expertos do Foro Económico de Galicia destaca a evolución salientable do turismo á que lle acompaña outro sector estratéxico para a economía galega como é o automóbil (que rematou 2023 batendo récords).  No lado negativo, o panorama internacional caracterizase por unha elevada incerteza económica e lixeiros síntomas de estancamento nas economías europeas.

No que atinxe á evolución individual das variables recollidas no Indicador destaca que nove das quince variables recollidas amosan un crecemento positivo (unha menos que o mes pasado).  Entre elas sobresae o comportamento da matriculación de vehículos turismo, cun incremento superior ao 5% interanual, que continúa a tendencia moi favorable dos últimos meses para o sector.

En sentido contrario, destaca negativamente a evolución das afiliacións á Seguridade Social que descenderon máis dun 10% en termos interanuais, e pode estar evidenciando un certo estancamento da dinámica do mercado laboral, sinalan desde o Foro.

A actividade económica galega crece con fortaleza en febreiro