Un +2,7% en variación interanual
A actividade económica galega incrementouse no mes de xullo
Os datos do Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica de Galicia rexistraron, no mes de xullo, un incremento interanual do 2,7%, acadando a súa cifra máis alta no que vai de ano.
Este dato supón un aumento dunha décima con respecto ao mes de xuño mentras que o incremento é de 1,5% sobre o valor de xaneiro.
Aínda que se prevé que o valor de indicador para agosto sexa tamén positivo, existen factores que levan a pensar que axiña se chegará ao pico máximo na taxa interanual de crecemento e que o segundo semestre será, no seu conxunto, algo peor que o primeiro.
Respecto á evolución individual das variables recollidas no Indicador destaca o comportamento das afiliacións á Seguridade Social, cun incremento superior ao 2%, que se sitúa como a variable cun crecemento relativo máis elevado.
Pola contra, é salientable o comportamento do transporte marítimo de mercancías (cargadas e descargadas), que sofre un drástico descenso en termos interanuais no mes de xullo superior ao 20%.