Acordo entre CPEIG e Abanca para fortalecer o sector e brindar apoio financeiro ás persoas colexiadas

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e Abanca asinaron un acordo de colaboración que pon a vista na mellora do acceso ao crédito das persoas colexiadas e das súas familias.

 

Acordo entre CPEIG e Abanca para fortalecer o sector e brindar apoio financeiro ás persoas colexiadas
Sinatura do convenio entre o  CPEIG e Abanca.
Sinatura do convenio entre o CPEIG e Abanca.

Na sinatura do acordo participaron o presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, Fernando Suárez, e o director territorial de Abanca na Coruña, Óscar Salgado.

O documento recolle unha serie de produtos e servizos con condicións especiais na súa contratación, como as pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario ou avais, que melloran o acceso ao crédito dos profesionais.

Así mesmo, Abanca pon a disposición das persoas colexiadas diferentes liñas de financiamento oficial que subscribe con diversos organismos públicos, como as SGR nacionais, e que lles permitirán facer fronte aos gastos derivados da escalada da inflación e da evolución económica.

Por outra banda, as persoas colexiadas contarán con atención personalizada para optimizar os seus investimentos e xestión de patrimonios e poderán beneficiarse da tarxeta Visa Tú ou da Tarifa Plana de Seguros e de Valores.

Acordo entre CPEIG e Abanca para fortalecer o sector e brindar apoio financeiro ás persoas colexiadas