Orpagu e o GALP Ría de Pontevedra
Abanca renova os seus convenios con dúas entidades do sector pesqueiro
O convenio entre Abanca e a Organización de Palangreiros Guardeses (Orpagu) pon o acento no crédito, xusto nun momento clave para o colectivo. Logo da crise sanitaria, que xerou un importante impacto na economía, os profesionais de Orpagu contarán con condicións melloradas na contratación de produtos de Abanca tanto para poñer en marcha novos proxectos, como para promover a mellora competitiva dos actuais.
De feito, nas últimas semanas, o equipo de Abanca Mar mantivo un contacto fluído con Opagu para coñecer de primeira man as súas necesidades máis perentorias e as perspectivas cara ao futuro. Unhas comunicacións a distancia que permitiron adaptar a oferta financieira ás súas demandas e que se materializan en produtos específicos, con carencias no financiamento ou a tramitación máis rápida e sinxela de expedientes.
Unha das liñas máis destacadas de traballo consiste en garantir a mellora da sostibilidade do sector. Deste xeito e grazas a produtos como a hipoteca naval, que busca contribuír no proceso de renovación da frota, as dúas entidades impulsarán a substitución por embarcacións máis eficientes o por tanto cunha menor pegada no medio ambiente.
O presidente de ORPAGU, Joaquín Cadilla Castro, e o director de Abanca Mar, Javier Fraga, rubricaron na Guarda o acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co sector primario galego,. No acto tamén estivo presente Juan Jesús González, director da oficina de Abanca na Guarda.
Financiamento para os beneficiarios das axudas que xestiona o GALP Ría de Pontevedra
Pola súa banda, o acto de renovación do acordo entre Abanca e o GALP Ría de Pontevedra realizouse telematicamente e nel participaron a presidenta do GALP Ría de Pontevedra, María del Carmen Vázquez Nores, e o coordinador de Negocio Institucional de ABANCA en A Coruña, José Manuel Vilariño Orgeira.
O obxectivo desta alianza é impulsar o desenvolvemento das actividades relacionadas coa pesca, marisqueo e acuicultura na área da ría de Pontevedra e aqueles proxectos impulsados desde o GALP. En virtude deste acordo, Abanca aplicará ofertas financeiras personalizadas para os profesionais do sector pesqueiro e os beneficiarios das axudas xestionadas polo GALP Ría de Pontevedra.
Este convenio forma parte da estratexia de procura de financiamento para os emprendedores destinatarios das axudas europeas que desenvolve o GALP Ría de Pontevedra. Así, a meirande parte dos avais que se constitúen para garantir os pagos intermedios aos proxectos se contratan con Abanca, aínda que o GALP tamén ten convenios con outras entidades bancarias.