As confrarías reclaman apoios ante a caída da produción

Abanca fortalece o seu compromiso co sector pesqueiro do sur da Coruña

Abanca suma esforzos coas confrarías do sur da Coruña ante as inclemencias climáticas das últimas semanas, que poñen en risco o correcto desenvolvemento da campaña de Nadal.

 

 

Abanca fortalece o seu compromiso co sector pesqueiro do sur da Coruña
Reunión entre representantes de Abanca e confrarías do sur de Galicia.
Reunión entre representantes de Abanca e confrarías do sur de Galicia.

O director territorial de Abanca en Santiago, Juan Carlos Carneiro, e o director de Abanca Mar, Javier Fraga, reuníronse, este mércores, con representantes das confrarías para renovar os tradicionais convenios de colaboración que unen a ambas as partes.

Esta alianza estratéxica inclúe a un total de 17 confrarías do sur da Coruña: A Pobra, Aguiño, Cabo de Cruz, Camariñas, Camelle, Corcubión, Fisterra, Lira, Muros, Muxía, Noia, O Pindo, Palmeira, Porto do Son, Portosín, Rianxo e Ribeira.

Durante o encontro, os representantes dos pósitos mostraron a súa preocupación pola alta mortandade de marisco nas rías de Arousa e Muros-Noia, tras un mes marcado polo exceso de choivas e a consecuente caída da salinidade da auga, con efectos especialmente desastrosos para os moluscos bivalvos. Todo parece indicar, polo tanto, que este será un Nadal complexo para o sector, nunhas datas nas que o aumento do consumo destes produtos é tradicionalmente destacable.

Productos para cada necesidade e compromiso coa protección do medio mariño

Como solución ante estes problemas, a entidade financeira, a través da súa unidade especializada Abanca Mar, ofrece un catálogo de produtos e servizos adaptado ás peticións e necesidades destes profesionais do mar. Entre elas, pólizas de crédito específicas para o sector, anticipos de axudas, aprazamentos de impostos ou liñas de desconto, que permitirán reducir o impacto da diminución da produción.

O encontro serviu tamén para trasladar aos profesionais das confrarías as distintas accións desenvolvidas no marco de PLANCTON, o Plan de Conservación Territorial, que impulsa a Obra Social de Abanca, Afundación. A responsable de RSC, Pilar Alves, explicou aos representantes das confrarías os detalles deste proxecto, que ten como obxectivo principal fomentar a conservación e sostibilidade das actividades socioeconómicas no medio marítimo.

Abanca fortalece o seu compromiso co sector pesqueiro do sur da Coruña