Entregaranse o 13 de xuño

Os Premios Galicia Alimentación reciben 130 candidaturas

Os Premios Galicia Alimentación que convoca o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) logran, por segundo ano consecutivo, récord histórico de participación. Nesta edición presentáronse 130 candidaturas, fronte as 99 do ano anterior, un aumento superior ao 30%.
Os Premios Galicia Alimentación reciben 130 candidaturas
Os Premios Galicia Alimentación entregaranse o o 14 de xuño na Cidade da Cultura de Santiago.
Os Premios Galicia Alimentación entregaranse o 13 de xuño.

Por premios, o que máis candidaturas recibiou é o de Produto Excelente, con 54 e séguelle o de Produto Innovador, con 35. Xa na categoría das Iniciativas do Sector Alimentario, o Premio Galicia Alimentación con máis interese foi o de Iniciativa Sostible, con 18 candidaturas. O galardón á Iniciativa Innovadora recibiu 12 e o de Estratexia de Marketing ou Internacionalización, 11.

Foro Galicia Alimentación

A entrega de galardóns dos  Premios Galicia Alimentación terá lugar o 13 de xuño nunha gala enmarcada, como xa é tradición, no Foro Galicia Alimentación. O evento este ano versará sobre "As novas fronteiras na innovación alimentaria".

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) considera que a industria alimentaria está no limiar dunha revolución motivada polo avance de áreas emerxentes nas que a ciencia, a tecnoloxía e a creatividade converxen para abordar desafíos relacionados coa produción de alimentos, a seguridade alimentaria, a sustentabilidade e a nutrición. De aí que neste foro de 2024 se vaian abordar temáticas vinculadas cos novos alimentos alternativos e funcionais, a nutrición personalizada e o uso da tecnoloxía na produción, procesamento e envasado de alimentos.

Así, están previstas mesas redondas sobre Innovación na produción e desenvolvemento de alimentos saudables e Tecnoloxías emerxentes nas fronteiras do coñecemento.

Como en anos anteriores, a cita complétase cun espazo de demos, nesta ocasión vinculado coa alimentación do futuro, e coa exposición dos alimentos e bebidas excelentes e innovadores composto por produtos candidatos aos Premios Galicia Alimentación nestas dúas categorías.

As persoas ou entidades interesadas en asistir poden inscribirse a través da web de Clusaga.

Os Premios Galicia Alimentación reciben 130 candidaturas